Empresa
- Permiso de circulación do vehículo.
- Ficha técnica do automóbil.
- Fotocopia do DNI vixente do/s administrador/es da empresa.
- Fotocopia do CIF da empresa.
- Modelo de representación xurídica. Este modelo debe ir asinado polo administrador ou administradores da empresa e cuñado co selo da empresa.
- Solicitude de baixa asinada e selada polo administrador ou administradores da empresa.
- En caso de non ir estar presente o administrador ou administradores no momento da recollida do coche, deberanse presentar o documento de autorización e a fotocopia do DNI vixente da persoa autorizada. O documento de autorización, amais de asinado polo administrador ou administradores, tamén debe ir acompañado do selo da empresa.
Nun hipotético caso de perda dalgún dos documentos referentes ao vehículo en cuestión (ficha técnica ou permiso de circulación), deberase solicitar, cumprimentar e selar co cuño da empresa o modelo de extravío. Ademais, se non se dispón do CIF da empresa, deberase solicitar unha copia a Facenda.
O modelo de extravío non vale para tódalas comunidades; é recomendábel pedir os antecedentes do vehículo a Tráfico.
NÓS CHAMÁMOSTE
Enche o formulario se queres que te chamemos para dar de baixa o teu vehículo.
PARTICULARES
Es o titular dun vehículo,ou representas un particular
titular dun vehículo. Fai clic aquí
FORMULARIO DE CONTACTO
Encha o seguinte formulario e poñerémonos en contacto con vostede tan pronto como sexa posible.
Ou podes escribirnos directamente a info@bajavehiculos.com













