Xestionamos gratis a baixa do seu coche na DGT
Contacte
connosco
Envío dos
documentos
Coordinar
a recollida
Recollida
con grúa
Certificado
Destrución
Tramitamos a baixa definitiva do seu vehículo na Dirección General de Tráfico (DGT) a través dun CAT sen ningún custo para vostede.
Non terá que realizar desprazamentos innecesarios á Xefatura de Tráfico nin ao desguace, posto que imos con guindastre ao lugar que nos indique para retirarz o seu automóbil.
Para poder realizar o servizo que lle ofrecemos, normalmente só é necesaria a seguinte documentación:

Copia do DNI vixente do titular do vehículo polas dúas caras.

Ficha técnica.

Permiso de circulación do coche.
En caso de que o titular do vehículo non poda estar presente no momento da retirada, deberá autorizar a outra persoa por medio do modelo de autorización. É moi doado, só ten que enchelo correctamente, achegar unha copia do DNI vixente do titular autorizado por ambas caras, e asinar os dous a autorización.
Existen outros casos, como por exemplo por baixas de vehículos de empresa ou por defunción. Para coñecer a documentación necesaria e os casos posíbeis,
entre aquí.
Servizo de guindastre para o seu coche, sen custo para vostede.
Imos con guindastre a recoller, de maneira gratuíta e ao lugar que nos indique, o seu vehículo para levalo ao desguace. Non terá que desprazarse. Ao momento da retirada, unicamente terá que estar presente o titular do vehículo ou a persoa autorizada para este fin.
Sen molestias!
Non lle cobraremos polo servizo de guindastre, e a baixa definitiva do seu vehículo é completamente gratuíta. Chámenos e nós farémonos cargo de todo.
(*) Servizos gratuítos en toda España. Só se o vehículo está nun garaxe en Xirona, deberá aboar o custo da grúa.
(*) Se se trata de vehículos carentes de mecánica ou totalmente calcinados, podemos cobrarlle o valor do traslado.